O Museo Centro Gaiás acolleu onte unha nova sesión do ciclo Enocións by Ribeiro na que participaron o cociñeiro Pepe Solla, a catadora Cristina Alcalá e a DJ Analís. Comida, viño e música… Como non íamos estar alí os de Pincha(e)Discos?
Puntuais, ás 19:00 horas, chegamos á Cidade da Cultura de Galicia. O evento comezou cunha visita guiada pola exposición ‘Camiño. A orixe’, que conta cunha selección de 150 obras de artes e 11 intervencións artísticas, para amosar unha visión contemporánea da ruta xacobea. Pero despois de encher as nosas mentes tocaba encher o bandullo! E así, ás 20:00 h., deu comezo o espectáculo! Despois dun vídeo explicando a historia do C.R.D.O. Ribeiro e unhas verbas de Alejandro Rubín, vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, fixeron a súa entrada os grandes protagonistas de xornada. A DJ Analís amenizou o acto cunha selección musical que sorprendeu con temas como ‘Smells like teen spirit’ de Nirvana, mentres Pepe Solla e Cristina Alcalá comentaban cada un dos viños e petiscos que degustaron os afortunados presentes.
Comezamos cun Finca Viñoa 2014, un viño branco de O Carballiño que Solla combinou cun bocadiño de cebiche de bivalvos, navalla, berberecho e vieira denominado ‘Santiago, a fin do Camiño’. Continuamos cun Canción de Elisa 2014, de Ribadavia, que se acompañou cun xurelo mariñado en agridoce de pemento e que o chef deu en chamar ‘A ruta da Prata’. Tocoulle despois o turno a un Viña Costeira, o Colección 68 2014, que se presentou cunha brandada de bacallau (O Camiño Portugués) e rematamos cun Armán Finca Os Loureiros 2013 servido cunha sardiña afumada danma con queixo (O Camiño Francés).
E por se todavía non vos demos suficiente envexa ;)… deixámosvos agora un resumo fotográfico do evento!
Click to view slideshow.The post De festa con viños do Ribeiro, música dj e petiscos de Pepe Solla appeared first on Pincha(e)Discos.