Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 7

Dous días para probar na Alameda de Santiago os mellores produtos de Galicia Calidade

$
0
0
Galicia Calidade_camion

O xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, durante a súa intervención esta mañá.

O camión de Galicia Calidade xa está ‘aparcado’ na Alameda de Santiago. Aquí pasará dous días, hoxe venres 28 e mañá sábado 29 de novembro, para seguir despois a súa ruta polas sete principais cidades galegas. Dentro realizaranse diversos showcookings, catas de viños e degustacións de produtos amparados por esta marca.

Pincha(e)Discos asistiu esta mañá á presentación da campaña, na que o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, explicou que o obxectivo é “contribuír ao consumo” e “xerar valor engadido” destes produtos e servizos desenvolvidos na nosa terra. Así, o camión estará aberto todo o día para quen queira achegarse. Ademais, haberá varios obradoiros. Para reservar praza hai que chamar ao 881995230. Aquí vos deixamos ben clariño en que consisten e cando son:

  • Venres 28 ás 19.00 horas. ‘De viños Galicia Calidade’ consiste nunha maridaxe dos viños amparados por este selo con outros produtos como os xamóns, embutidos ou queixos, baixo a dirección do sumiller Xoan Cannas.
  • Sábado 29 ás 11.00 horas. ‘Almorzo Galicia Calidade’ ofrecerá a combinación dun almorzo de calidade con café, leite, froitas, doces e outros produtos, baixo a dirección do coñecido barista Oscar de Toro.
  • Sábado 29 ás 19.00 horas. ‘A Lata de Galicia Calidade’, conducido pola chef Marian Rodríguez, pretende destacar o valor e a versatilidade das conservas amparadas por este selo e o seu desenvolvemento en receitas gastrónomas.

Rodríguez ofreceu esta mañá, xunto con Iván Méndez, unha degustación de ‘bocados de Galicia Calidade’. Nós puidemos probalo e, para deixar constancia, aquí tendes un pequeno resumo fotográfico! 😉

Click to view slideshow.

The post Dous días para probar na Alameda de Santiago os mellores produtos de Galicia Calidade appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 7

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú