Poucas cousas poden transmitir tantas sensacións como a música e o viño. Aparentemente sen moito en común pero con grandes similitudes e entrelazados entre si.
A fin de estas dúas artes é suscitar unha experiencia auditiva e gustativa – olfactiva inesquecible. A través delas chegaremos ao pracer evocado pola expresión de pensamentos, recordos, circunstancias… e sentiremos moito más intensamente.
Polas súas grandes semellanzas e polas súas vellas e novas conexións, a música é un elemento que marida e conecta extremadamente ben co viño. Se ben para min, estas combinacións non son sempre ‘case perfectas’, debullando por estilos musicais, un tipo de viño acompañará mellor o ambiente creado por determinado grupo musical.
Os meus recordos lévanme agora á noite do 23 de xullo do 2014 na Praza da Quintana (Santiago de Compostela) onde actuaron Vintage Trouble, un cuarteto de soul- rock nacido da meca do cine Hollywood. Defínense como unha banda de blues- rock, que lles saen polos catro costados. O seu vocalista Ty Taylor é un showman que se meteu ao público santiagués axiña no peto cun ritmo espectacular, contaxiando a todos os presentes co seu carácter e show creando una atmosfera de gran noite de concerto.
Ante as súas descargas de soul- rock é doado comparalos cun viño como é Salvaxe de Xose Lois Sebio, un viño transgresor onde os haxa pola súa extraordinaria profundidade e carnosidade das cepas vellas, englobadas dentro da filosofía principal do seu creador que son os “Viños de Encostas” que nos revela un viño diferente, concentrado e sápido, onde atopamos mineralidade e moita froita madura por partes iguais.
Sebio realiza unha vinificación ecolóxica ou biodinámica baseada nas teorías de Rudolf Steiner onde atopamos un viño natural sen ningunha modificación, soamente un viño ao estilo Sebio 100%.
E, polo tanto, un viño con tanto soul- blues e rock&roll realizado polo “tolo” das Encostas sería o quinto compoñente de Vintage Trouble sen desafinar o máis mínimo dentro da boa música e o excelente viño.
Le máis novas de Patxi Movilla en ‘Que come Patxi?’
The post ‘BLUES HAND ME DOWN’ de VINTAGE TROUBLE e ‘SALVAXE’ de XOSE LOIS SEBIO appeared first on Pincha(e)Discos.